
Moitos meses de traballo calado. Tomar decisións para definir camiños. O traballo lento de poñer en marcha un proxecto. Todo é novo. Todo necesita ser pensado e decidido. Qué queremos ser. A liña editorial, os proxectos concretos, o nome e a imaxe, o diseño da páxina web, a producción e a distribución, os temas lingüísticos...
"Álvaro Siza, conversas no obradoiro", o libro de Manel Somoza, o noso primeiro libro, é un proxecto longamente madurado que os editores tivemos a sorte de poder acompañar desde a súa xestación. Supuso moito debate, interesante debate, sobre o tema lingüístico entre os dous editores e o autor. Plantexaba o problema de traducir a Siza ao galego e queríamos preservar a riqueza da fala entre un portugués de Porto e un galego "case miñoto", como se define o autor. Na fase final, intercambio contínuo de correos con Elisabete Ramos, a nosa asesora lingüística que entendeu a nosa preocupación.

Agora toca falar. Explicar o proxecto que tivemos tan calado. Porque todo esto cobra sentido pleno cando desperte o interés de un lector. A sorpresa de alguns. Coller o teléfono e facer as primeiras chamadas. Cando ninguén te coñece ainda... verlibros, unha nova editorial galega de libros de arte, arquiectura, fotografía...
3 comentarios:
Nice bloge there. Keep working.
check out me blogs too ok?
http://cookeryrecipes-angello90.blogspot.com/
http://donatecar-angello90.blogspot.com/
http://guitarvideo-angello90.blogspot.com/
Thank you for visiting my blogs, please leave comment to show me that you were there ok? Dont forget to c... a... as i need money for pick ups for guitar.
Thank you so much keep bloging and
... keep it real buddy ^_^
Dende Radiofusión quixéramos poñernos en contacto convosco. Por favor, enviadenos un teléfono de contacto a direccion@radiofusion.eu
Moito obrigado
www.radiofusion.eu
Hoxe lendo a voz encontrei a grata noticia da nova creación deste proxecto editorial, tan interesante e ademas dende tan cerquiña. Espero que vos vaia moi ben, saudos dende o barco.
Publicar un comentario